O Pazo da Cultura acollerá este sábado o “XIV Encontro de Bandas de Música”

A décimo cuarta edición do “Encontro de Bandas de Música” organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira desenvolverase o vindeiro sábado, día 6, no Pazo da Cultura. A cita dará comezo ás 18.00 horas e actuarán na mesma, tal e como anunciou a vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, a Banda de Vilalba, a Lira de Ribadavia e a Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, que pechará o certame.

As persoas que desexen asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de dous euros, na billeteira do Pazo da Cultura, no seu horario de apertura habitual.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …