O BNG Ferrol celebra un acto informativo en San Pablo para explicar o tema do saneamento

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, continúa a explicar polos barrios a situación na que se atopa o proceso para poñer en marcha a rede de saneamento en Ferrol e como a mesma vai repercutir ns veciños e veciñas. É por isto que mañá, mércores 1 de marzo, celebra un acto informativo que vai ter lugar a partir das 18:30 horas no salón de actos do Centro Cívico de San Pablo.

O BNG considera necesario compartir co conxunto de veciños e veciñas da nosa cidade a información que temos sobre esta cuestión de actualidade xa que consideramos que é un tema de grande interese.

Así mesmo neste acto abordarase a nova taxa de saneamento que está a promover o goberno local ademais de informar sobre as propostas do BNG para a transformación do sistema de depuración, para facelo máis substentábel, a aposta pola xestión directa dos servizos básicos para a cidade, como é o saneamento, e a esixencia de que sexa o Estado quen asuma a súa responsabilidade e pague as obras.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …