O Concello de Cabanas acondiciona camiños do municipio

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do inicio dos traballos de reparación e mellora dos camiños municipais da Costa, Chamoso, As Modias e o vial de servizo en Fontenova. Actuacións que, no caso no vial da Costa e máis As Modias, tamén contemplan o arranxo dos muros de contención.

No seu conxunto, as intervencións suman un orzamento superior ós 51.000 euros, que se financiará con cargo a un convenio de colaboración suscrito entre a Consellería de Medio Rural e o propio Concello de Cabanas, no marco do Plan de Emerxencias da Administración autonómica.

As obras inclúen a limpeza de cunetas e pasos en ambas marxes das vías, preparación da superficie e rebacheos parciais, así como a súa posterior pavimentación. No camiño da Costa e no das Modias, ambos cunha lonxitude duns 200 metros, repararanse os respectivos muros de contención, cun espesor mínimo de 0,50 metros e altura variable de ata tres metros.

Grazas a estas intervencións, non só se mellorarán as condicións de circulación senón que se reforzará a seguridade dos viais.

Lea también

Mugardos informa sobre los trabajos en curso para restablecer la iluminación afectada por los temporales

El Concello de Mugardos informa que continúa realizando intervenciones en distintos puntos del municipio para …