O PSOE establecerá axudas polos danos ocasionados pola avespa velutina

O candidato número 5 pola Coruña para estas eleccións autonómicas, José Manuel Pérez Seco, dixo asumir «a demanda do sector da apicultura para que se estableza desde o Goberno autonómico unha liña de axudas ou compensación polo danos causados pola avespa velutina nas colmeas».

Tras reunirse co representante da Asociación Galega de Apicultores para a zona de Ortegal, Manuel Rodríguez, e co alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, o candidato coñeceu as preocupacións dun sector especialmente azoutado nesta comarca pola acción da avespa asiática.

O representante dos apicultores explicoulle que desde abril ata xullo retiráronse na zona de Ortegal 859 niños desta especie, o que proba non só a extensión do problema, senón o bo resultado que están a dar as trampas na erradicación deste insecto.

Segundo puido saber Pérez Seco, «a instalación de trampas por persoal especializado custaríalle moitos menos cartos a administración que o uso de velenos, unhas 20 veces máis caros que aquelas” por unidade, de xeito que “a prevención non é cara e debería ser asumida pola Xunta».

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …