«O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol despois de agardar pacientemente pola documentación relativa aos orzamentos municipais deste ano 2016 desde decembro de 2015, considera que o feito de que a día de hoxe continuemos sen contar cun documento para o debate é a demostración da falla de respecto que este goberno amosa ao resto de grupos municipais e en concreto ao BNG supostamente aliado natural dun goberno que na práctica ten no PP o seu mellor cómplice para seguir a desenvolver as mesmas políticas e as mesmas prácticas que o anterior goberno municipal» sinala o BNG nun comunicado.
«Desde o BNG queremos lembrarlle ao goberno desta Cidade que unha negociación non consiste en ter antes a documentación que outra organización ou colectivo. Que si a grande deferencia que pretende manter co BNG é presentarnos uns días antes un documento pechado, polo de agora inexistente, que ao resto de organizacións demostra a grande prepotencia coa que actúa. É por isto que se este goberno ten intención de chegar a un documento de consenso este debará ser aberto e susceptible de mudanzas e non pechado na definición do destino dos recursos económicos municipais.
SE NEGA A DOCUMENTACIÓN DOS ORZAMENTO POR ALGUNHA RAZÓN
Negociación que en calquera caso non impiden que o resto de organizacións e colectivos da cidade e partidos políticos poidan participar e ter coñecemento desta documentación que por algunha razón este goberno nos nega a todos e todas nós».
Ademais, para o BNG «é simple demagoxia que se xustifique o retraso para a presentación do orzamentos municipais para o ano 2016 nun proceso de regularización catastral emprendido polo Estado e que terá graves consecuencias para os veciños e veciñas da Cidade. Desde o BNG queremos lembrarlle a este Goberno municipal a súa absoluta pasividade e deixación de funcións para opoñerse a este proceso de regularización iniciado polo Estado en base as leis de estabilidade orzamentaria e que pretende que agora se contabilicen propiedades rústicas accesorias ás vivendas e que son produto do afán recadatorio do PP iniciado coa reforma do artigo 135 da Constitución e ante cuxas consecuencias todos os partidos estatais pasan cada vez con maior silencio.
COMPORTAMENTO TRILERO DO GOBERNO LOCAL
Desde o BNG queremos lembrarlle tamén a este Goberno Municipal que poñer como escusa para dilatar máis o trámite orzamentario a cuantificación dos ingresos a percibir por este Concello produto desta regularización é unha falacia e evidencia o comportamento trilero deste goberno. Hai que lembrar que estes ingresos son de moi dubidosa percepción, incluso de maneira parcial, durante este ano 2016, ano obxecto dos orzamentos pendentes de elaboración, e que estes recursos se percibirán durante o ano 2017; Dado que o proceso de regularización catastral está agora en fase de desenvolvemento e dado que a reclamación destes ingresos con carácter retroactivo é unha decisión municipal que este goberno debe rexeitar se realmente está en contra da súa aplicación máis aló das palabras».
Suárez no va a presentar los presupuestos que sabe que no le van a aprobar. Es la única verdad. Ni 2016 ni 2017. Se irá para la Xunta y dejará el pacto.