Recepción no concello de Narón aos participantes no XXVI Festival Internacional de Folclore

(Foto: Galicia Ártabra).
(Foto: Galicia Ártabra).

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu na mañá deste venres a recepción oficial que se celebrou no Concello aos representantes do grupo musical canario Los Gofiones, que actúa na noite deste venres no Pazo da Cultura, e das formacións que se subirán o sábado ao escenario do Pazo con motivo do XXVI Festival Internacional de Folclore de Narón. Os integrantes de Los Gofiones e os do Grupo de Folclore Punta do Sol-Illa de Madeira (Portugal); a Asociación Cultural Folclórica “Salmorena Losareña” (Cáceres); de Sol Arxentino (Arxentina) e de Folklorni Asamble Doma Kulture “Prnjavor” (Serbia) acudiron ao o acto, no que tamén estiveron presentes a responsable de Cultura, Marián Ferreiro e integrantes dos grupos políticos con representación na corporación local naronesa. O rexedor local deu a benvida aos convidados e desexoulles unha boa estancia en Narón, animándoos a coñecer o municipio e a gozar da súa estancia esta fin de semana na localidade.

A continuación, procedeuse a repartir uns agasallos institucionais, facendo entrega o alcalde dos mesmos aos representantes das formacións que participarán no XXVI Festival Internacional de Folclore de Narón. Á súa vez, os integrantes dos grupos tamén entregaron uns agasallos ao rexedor local.

A formación canaria Los Gofiones, que actuará esta noite, a partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura, foi a encargada de pechar o acto. Os integrantes do grupo interpretaron algún tema do seu repertorio ante os representantes do goberno local e do resto de formacións musicais alí presentes, que gozaron co que supuxo un pequeno avance do concerto desta noite.

(Foto: Galicia Ártabra).
(Foto: Galicia Ártabra).

A formación canaria Los Gofiones, que actuará na noite deste venres, a partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura, foi a encargada de pechar o acto. Os integrantes do grupo interpretaron algún tema do seu repertorio ante os representantes do goberno local e do resto de formacións musicais alí presentes, que gozaron co que supuxo un pequeno avance do concerto desta noite.Aplaudida sobor de todo a primeira interpretación «Castilllos en el aire» de Alberto Cortez.

Lea también

Un mural conmemorativo celebra en Ortigueira el 50 aniversario del CEIP José María Lage

Esta semana representantes del Concello de Ortigueira se desplazaron a la Diputación de A Coruña …