Desde o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol han considerado «incomprensíbel que o goberno local lle dea continuidade ás políticas deseñadas polo PP e decida manter e desenvolver o proceso de regularización para o barrio de Recimil aprobado no anterior mandato do Partido Popular».
Os nacionalistas sinalaron desta forma que «é unha incógnita», asegurando que «despois dun ano de goberno se toma esta decisión sen unha proposta alternativa», e lembraron que un dos compromisos políticos asinados no pacto de goberno, entre Ferrol en Común e o PSOE, «contemplaba a paralización do proceso de regulación de vivendas do barrio de Recimil e apertura dun novo proceso, cuestión que agora pretender obviar ao continuar co proceso aberto».
Considerando Para o proceso de regularización aprobado polo Partido Popular e que agora continúa o goberno local é un plan baleiro de contidos, sen planificación para a rehabilitación do barrio e sen dotación económica para desenvolver este proceso de rehabilitación, este proceso «non define o destino da propiedade das vivendas de cara a manter o carácter público destas e non ten obxectivos en materia de vivenda máis que actuar no ámbito administrativo».
«Logo dos nulos investimentos consignados para obras de manetemento para este barrio, pretende, ademais, que sexan os propios adxudicatarios quen realice as obras, eximindo ao concello da súa responsabilidade como administración pública e propietario das vivendas», lamentaron dende a formación nacionalista, lembrando que este Plan «obriga a someter ás familias que pretendan acceder a unha vivenda no barrio a unha avaliación da boa conduta de todos os seus membros sen que, ademais, estean definidos os límites da boa e mala conduta».
A mí me parece incomprensible que el Bloque continúe en el limbo.
Bloque….quien te ha visto y quien te ve!!