O bravú de Xurxo Souto co alumnado do instituto de Canido

xurxo soutoUn dos máximos expoñentes da historia do rock galego, Xurxo Souto, tivo a ben ilustrar o alumnado do instituto de Canido coa súa sabedoría e experiencia musical.

O polifacético cantante, músico, profesor, contador de historias e escritor, baixo os actos do «Proxecto Gz. Música na Filial» que pretende achegar aos cativos e cativas o idioma galego a través da música, fixo as delicias da mocidade presente, que interactuou en varios temas da historia do rock galego co artista.

Con varios libros e discos no seu palmarés, Xurxo Souto reflectiu a relación do idioma galego e o rock, pois ambos foron da man nunha época no que facer determinados estilos musicais en galego era pouco frecuente ou case inexistente.

Logo dun breve percorrido pola historia do rock e atender diversas preguntas do alumnado, o acto rematou cos aplausos de quen hoxe xa sabe un anaco máis da relación do idioma galego e o rock.

Lea también

El alcalde de Ferrol recibe al comité organizador de la II Xornada de Enfermaría del área sanitaria

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, mantuvo este martes un encuentro con representantes …