Rey Varela continúa coa súa rolda de encontros cos alcaldes galegos para coordinar estratexias sociais

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad Muras.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad Muras.

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de onte martes, o conselleiro mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio coruñés de Ortigueira, Juan Vicente Penabad Muras.

Na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe as prazas públicas de escolas infantís, que acada o 110,34% grazas ás 64 prazas ofertadas no centro que conta con 3 unidades.

Ademais, no que respecta ao Servizo de Axuda no Fogar, no presente ano incrementáronse 3.984 horas anuais (38.388 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente ata o 88,43%.

Ademais de recoñecer os fitos acadados ata o de agora grazas a colaboración entre ambas entidades, os dous mandatarios estableceron novas liñas de traballo para continuar mellorando os servizos sociais do municipio. Outro tema de conversa foi o apoio da Xunta a Aspromor, entidade que traballa en prol dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e que atende a persoas dos concellos coruñeses de Cariño, Mañón e Ortigueira. A devandita entidade conta cun centro ocupacional, un centro especial de emprego e mais un centro residencial. Actualmente o Goberno galego inviste 220.740 euros para o concerto de prazas.

Lea también

Juan Domingo de Deus, alcalde de Mugardos, tomó posesión como nuevo diputado provincial

En la mañana de este viernes se celebró una sesión plenaria ordinaria de la diputación …