Eliximos Narón insta ao Concello a eliminar a morosidade e reducir de forma real o período medio de pago

Desde o grupo municipal Eliximos Narón Electores sinalaron que o Concello «segue a esconder a súa morosidade baixo unha boa nota media (Período Medio de Pago de 18,35 días), pero a realidade é que esa media non lle resolve o problema de un 23% das facturas sen pagar e de que as correspondentes empresas non cobren a tempo para afrontar os seus gastos e os pagos aos traballadores, e estamos a falar de 0,9 millóns de euros entre concello e COSMA, que é unha cantidade moi importante, máis do 25% da facturación trimestral».

Así, o grupo opositor destacou que é grave o que está a ocorrer con Cosma, facendo saber que a administración local «está a facer a metade dos seus pagos, uns 215.000 €, cun atraso medio de 83,4 días, e por iso lle suxerimos ao tripartito que na súa próxima reunión do consello de administración da sociedade, na que teñen maioría, se estuden medidas para corrixir este desfasamento».

Ademáis, desde ENE instaron que para mellorar a páxina de transparencia do Concello «sería bo que os datos sobre a morosidade que reflíctense se ampliasen para incluír ademais dos 18,35 días de Período Medio de Pago (PMP) os Períodos Medios de Pago Excedido (PMPE) coa súas desagregacións por entidades, xunto co número de pagos e os totais pagados dentro e fóra do período legal, tanto para os xa realizados dentro do trimestre como para os aínda pendentes de pago».

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …