O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou outra moción que será debatida no pleno ordinario deste xoves na que propón que o Concello interpoña un requerimento de derogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construcción do acceso ferroviario ao porto exterior.
«O Partido Popular, despois de desenvolver un procedimento irregular baseandose en motivacións de carácter exclusivamente económico, desde a administración central e cun goberno en funcións licitou as obras do acceso ferroviario ao porto exterior sen ter en conta todas aquelas reivindicacións feitas por organizacións políticas e innumerabeis colectivos desta cidade que reclamaban unha solución diferente á proposta que contemplaba un viaducto que cruza a enseada da Malata. Por ello, censuramos que o Goberno Municipal non tivera interposto ningún tipo de recurso cando tivo oportunidade de facelo como ften feito o BNG».
Os nacionalistas consideraron así que «é inaudito que por parte do goberno local se continúe sen facer nada e sen tomar ningún tipo de decisión para evitar que a alternativa adoptada pola Autoridade Portuaria sexa a definitiva para levar o acceso ferroviario ao porto exterior atravesando A Malata».
«Debe terse en conta que este proxecto se licitou sen terse publicado a Declaración de Impacto ambiental e sen ter resolto as alegacións e por último que ao Concello de Ferrol non se lle informou sobre o proxecto definitivo, como queda evidenciado e se recolle nos informes do enxeñeiro municipal», aseguraron dende o BNG, insistindo en que o Concello non ten informado sobre o proxecto constructivo nin sobre a modificación sustancial que se produce na delimitación de espazos portuarios que se produce no porto de Ferrol produto da elección da aternativa sur.
«Para o BNG a elección desta alternativa non só supon agravar o deterioro da ría de Ferrol senón que ademais ten afectacións de carácter patrimonial no barrio da Graña, en elementos que debían estar protexidos como o dique da Cabana, vai supoñer impactos que están sin resolver acusticos para o ámbito urbano desta cidade e desde o BNG queremos insistir no feito de que parece que tanto o PP como o actual goberno municipal, que forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, parace que estan cómodos no ámbito, exclusivamente, das recriminacións verbais pero que máis aló destes reproches duns aos outros non se toma ningún tipo de decisión para resolver un dos grandes problemas que ten esta cidade», sinalaron os nacionalistas, polo que «propoñemos ao Pleno a interposición dun requerimento de derogación e presente un recurso xudicial para paralizar a licitación e a construcción do acceso ferroviario ao porto exterior».
O BNG sempre a favor do progresso da cidade…
COMO SIEMPRE, PARALIZANDO TODO LO QUE ES BUENO PARA LA CIUDAD. QUE SE VAYAN YA,
Los bloqueiros como siempre obstaculizando cualquier avance que pueda ser bueno para Ferrol, la cuestión es destacar por algo, y como no hacen nada.. alguna que otra moción para salir del paso. No se dan cuenta que elección tras elección pierden el apoyo de los ferrolanos??