O BNG ferrolán insta ao PSOE a aclarar su posición sobre o contrato eléctrico

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol instou esta mañá ao PSOE a que aclare cal é a súa alternativa para o subministro eléctrico nesta cidade, «porque se o que pretende é desenvolver un novo procedemento equivalente ao do PP, pero para entregar este servizo a unha concesionaria externa diferente, non están máis que a propoñer máis do mesmo pero envolto de maneira distinta. O que non é máis que a xestión privada dun servizo básico».

Os nacionalistas sinalaron que a suspensión da mesa de contratación no día de hoxe «debe ser un punto de inflexión para que o goberno asuma a importancia deste servizo e encarar decididamente o obxectivo da xestión pública do subministro de electricidade mediante a renuncia ao procedimento iniciado polo PP».

«É sorprendente que o portavoz de Ferrol en Común poida afirmar que paralizar este procedemento daría lugar a indemnizacións millonarias cando non teñen feito o mínimo esforzo para valorar esta cuestión que en calquera caso estarían moi lonxe de ser millonarias», aseguraron os nacionalistas, quenes aseguraron que «outro argumento esgrimido por Ferrol en Común para dar continuidade ao procedemento baséase no feito de que non se vai impoñer ningunha taxa, cando este servizo pagámolo todos os ferroláns a través dos orzamentos municipais».

Desde o BNG instaron ao goberno ferrolán a que «o primeiro que compre é determinar con que cantidade habería que indemnizar as empresas por presentarse ao concurso e que se debe limitar aos gastos derivados de elaborar esa documentación e que estarán moi lonxe das indemnizacións millonarias das que fala o goberno. A segunda cuestión sería declarar o servizo de subministro como de interese público e de carácter obrigatorio. Estes deben ser os obxectivos a seguir e non o de poder votar no pleno nun sentido ou noutro para limpar a conciencia e que todo siga igual».

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …