O portavoz do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, Iván Rivas, deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa a interposición dun recurso potestativo de reposición contra a decisión do Consello de Administración da Autoridade de Portuaria de licitar as obras de acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol optando pola alternativa sur, censurando así que «máis alá das recriminacións verbais entre o Partido Popular e o Goberno Municipal desta cidade non existe ningún tipo de decisión que permita visumbrar algún tipo de cambio ou modificación con respecto desta decisión que vai supor a morte da enseada da malata e vai afondar no deterioro medioambiental e económico da ría de Ferrol».
Rivas criticou que «despois de desenvolver un procedimento irregular baseandose en motivacións de carácter exclusivamente económico -refiríndose ao Partido Popular-, desde a administración central e cun goberno en funcións licitara as obras do acceso ferroviario ao porto exterior, sen ter en conta todas aquelas reivindicacións feitas por organizacións políticas e innumerabeis colectivos desta cidade que reclamaban unha solución diferente á proposta que contemplaba un viaducto que cruza a enseada da Malata», afirmando así que «non sabemos o que se ten feito por parte do Goberno Municipal para impedir que esto poida acontecer ou cando menos facer que esto se poida modificar.
O nacionalista indicou en que «tampouco temos coñecimento de que se teña iniciado por parte do Goberno local ningún tipo de denuncia nin valoración na que teñan en conta as irregularidades do procedimento que desde o BNG temos expresado de maneira repetitiva. Desde o BNG nos preguntamos como é posíbel que por parte do goberno local se continúe sen facer nada, nen sen tomar ningún tipo de decisión para evitar que a alternativa adoptada pola Autoridade Portuaria sexa a definitiva para levar o acceso ferroviario ao porto exterior atravesando A Malata».
En canto a presentación do recurso, Rivas explicou que cre que «existe a necesidade de ampliar a información recollida no estudo informativo, tal e como se recollía na Declaración de Impacto ambiental e polo feito de que estas ampliacións de información supoñian de facto un novo estudo e que por tanto debería remitirse a todos aqueles colectivos que se consideraban afectados por esta decisión».
«A elección da alternativa non só supon agravar o deterioro da ría de Ferrol senón que ademais ten afectacións de carácter patrimonial no barrio da Graña, en elementos que debían estar protexidos como o dique da Cabana, vai supoñer impactos que están sin resolver acusticos para o ámbito urbano desta cidade e desde o BNG queremos insistir no feito de que parece que tanto o PP como o actual goberno municipal, que forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, parace que estan cómodos no ámbito, exclusivamente, das recriminacións verbais pero que máis aló destes reproches duns aos outros non se toma ningún tipo de decisión para resolver un dos grandes problemas que ten esta cidade», engadiu Rivas na súa intervención.
Os que dixeron NON á Autoestrada do Atlántico e hoxe van por ela. Os que dixeron NON ás áreas comerciais e mercan todas as semanas no Boial. Os que din que NON a un Corte Inglés no Sánchez Aguilera, pero compran no da rúa Dolores. Os do NON, e NON, e NON e NON. E se o PP dixera que o tren polo norte saben que habían de dicir? QUE NON.
Estos no saben más que perder el tiempo… A todo tienen que poner pegas, sólo se dedican a criticar y poner trabas a todo lo que hagan los que goiernan, ya sea el PP en la Xunta o Madrid, los podemitas en Ferrol…
Es para lo que sirven, algo que los ciudadanos les muestran en las urnas, elección tras elección
Parece mentira que un señor con estudios superiores como es el caso de Iván Rivas, y a sabiendas diga esta sarta de memeces.