O Concello de Narón perfila o programa do Encontro Interxeneracional con asociacións

A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, mantivo esta mañá unha nova xuntanza con representantes de quince asociacións para perfilar o programa do Encontro Interxeracional que se celebrará na localidade o vindeiro 12 de xuño. A edil avanzou que« o aforo baixo as dúas carpas que se localizarán na zona do paseo de Xuvia, onde terá lugar a tradicional comida de maiores e outras actividades, estará limitado a 800 persoas».

A concelleira naronesa e os representantes das diferentes entidades acordaron a instalación, como é habitual neste evento, de mesas informativas de varios colectivos e unha exposición dos traballos que realizan as persoas maiores ao longo do ano nas asociacións e centros de maiores da localidade. Así mesmo, Sabio indicou que «terán lugar varias actuacións de música e baile, entre outras».

No vindeiro encontro coas asociacións, fixado para o 13 de maio no Concello, pecharase definitivamente o programa de actividades a desenvolver.

Lea también

Ingresa en prisión tras agredir con una hoz a otro hombre en un asentamiento chabolista de Freixeiro, en Narón

Agentes de la Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón han detenido a un varón como …