O Consello da Xunta autoriza a renovación do convenio do Transporte Metropolitano de Ferrol

O Consello da Xunta aprobou esta mañá o proxecto de acordo polo que se autoriza a prórroga para o ano 2017 do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na área de Ferrol, que suporá un investimento de 1,16 millóns de euros.

Esta renovación do acordo permite a continuidade dun plan que supón importantes aforros económicos para os usuarios, e que a Xunta financia nun 80%, achegando máis de 932.000 euros. Esta área de transporte está integrada na actualidade polos concellos de Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume, Valdoviño e Miño.

Esta renovación do convenio permitirá, se así o ratifica a Comisión de Seguimento na que están integrados o Goberno galego e todos s concellos, a continuidade dun plan que supón importantes aforros económicos para os usuarios.

A Xunta contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20% restante. Tamén se puxeron en marcha bonificacións do 100% dos transbordos e descontos adicionais aos usuarios habituais (15%) e ás familias numerosas (20% ou 50% segundo se ten 3 fillos ou máis).

O Plan leva consigo tamén un incremento do uso do transporte público,en detrimento do vehículo particular, feito que supón unha diminución da contaminación nas grandes cidades. O Consello da Xunta tamén autorizou a prórroga dos plans de transporte metropolitano das áreas da Santiago, A Coruña e Lugo, polo que o investimento que no seu conxunto realizan as administracións asinantes ascende a case 6 millóns de euros.

Lea también

La Xunta impulsa al comercio local con 74 acciones enmarcadas en el nuevo Plan Estratégico del sector

La Xunta de Galicia acaba de presentar el nuevo Plan Estratégico del comercio de Galicia …