Inaugurouse no Cantón a XXVII Feira do Libro de Ferrol

(Foto: Ignacio del Moral).
(Foto: Ignacio del Moral).

‘A patria na palabra’. Con este verso na lembraza de Manuel María, o poeta ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas (17 de maio), inaugurouse na tarde deste mércores a XXVII edición da Feira do Libro de Ferrol, a segunda de cantas se celebran en Galicia que abre as portas cun programa extenso e completo que empurra o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación e que mesmo foi cualificado de ‘magnífico’ pola Xunta de Galicia.

Oito casetas de libreiros galegos, na mesma liña de edicións anteriores, dan forma a esta feira instalada baixo carpa aberta na Praza da Constitución, no Cantón de Molíns, a que se suman de novo as Biliotecas Municipais de Ferrol e Narón, ademais do punto de información e da caseta ebook da Deputación da Coruña.

A inauguración oficial iniciouse  ás 19:30 co pregón a cargo do profesor e escritor Antón Cortizas e coa participación, xa tradicional, do Real Coro “Toxos e Froles”. Estiveron presentes o concelleiro de Educación, Suso Basterrechea, e Nani Regueira,  xerente da Federación de Libreiros de Galicia.

(Foto: Ignacio del Moral).
(Foto: Ignacio del Moral).

Lea también

Valdoviño acoge la exposición del XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica

Podrá visitarse en la casa de la cultura hasta el 20 de febrero. Valdoviño acoge …