O Pazo da Cultura acolle o humor de Riki López co seu monólogo «Me tengo contento»

O Pazo da Cultura acollerá este venres 22 un novo espectáculo, o último, do Festival do Monólogo Teatral Singular, organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora Eme2. O protagonista será nesta ocasión o humorista e cantador Riki López, co monólogo Me tengo contento. A cita comezará ás 20:30 horas.

Ao longo de case hora e media Riki López botará man do humor e da música para buscar a complicidade do público da sala, unha tarefa que non lle resultará nada difícil tendo en conta a súa traxectoria profesional. A autocrítica é un dos sinais máis característicos dos seus traballos. O prezo das entradas, xa á venta, é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove (ata 25 anos) e estudantes.

O espectáculo deste venres pechará o Festival do Monólogo Teatral Singular, iniciado o pasado 1 de abril na localidade con Monólogo do imbécil, protagonizado por José Antonio Touriñán. O programa continuou no Pazo con José L. Esteban, que subiu ao escenario con Arte de las putas, una historia de amor e Celso Sanmartín, protagonista de Contar, os días 8 e 15 deste mes, respectivamente. Todos os espectáculos deste festival tiveron lugar os venres, ás 20:30 horas no Pazo da Cultura a excepción do primeiro, que se repetiu o sábado 2 de abril ás 20 horas.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …