Unha das Fases de zona do Club de Debate 2016 para o fomento do uso la lingua galega entre a mocidade desenvolveuse Na mañá deste sábado, a partir das 9.30 horas, no Auditorio Municipal do Alto, en Narón.
Unha trintena de rapaces e rapazas –de terceiro curso da ESO e primeiro de Bacharelato, según os centros- do CPI do Feal (Narón), do IES Isidro Parga Pondal (Carballo), do IES Leixa (Ferrol) e do Colexio Plurilingüe Compañía de María (Ferrol) participaron na convocatoria, amosando o seu dominio do idioma e tamén as súas habilidades para debatir sobre o tema proposto: “Debemos acoller aos refuxiados”.
GAÑADORES DE FERROL E CARBALLO
Os gañadores desta convocatoria foron os alumnos e alumnas dos IES Leixa e IES Isidro Parga Pondal, que recibiron o primeiro e segundo premio, respectivamente.
As sesións de debate, nas que se controlaba coidadosamente os tempos empregados no turno de palabra, remataron pasadas as 13.30 horas. A continuación o xurado, formado pola actriz Flor Maceiras; o ilustrador Antonio Seijas; o presidente da Asociación Cultural Muíño do Vento de Ferrol, César Pita; un estudante de Animación Sociocultural en Carballo, Adrián Pereira, e o técnico de Normalización Lingüística do Concello de Fene e presidente do xurado, Daniel Romero, reuniuse para condeder os premios.
Os alumnos e alumnas do IES Leixa, de Ferrol, primeiro posto,foron galardoados con 500 euros e o segundo posto foi para os do IES Isidro Parga Pondal, de Carballo, que recibiron 300 euros, en ambos casos para a adquisición de material cultural. Os rapaces e rapazas destes dous centros competirán na fase final galega do Club de Debate que terá lugar o 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, felicitou aos gañadores desta Fase de zona e tamén aos alumnos e alumnas dos outros dous centros que participaron na mesma, «polo bo traballo realizado e a súa implicación e dedicación para preparala». Ao respecto, a edil quixo agradecer tamén publicamente «a labor do xurado, que non resultou fácil, e o esforzo realizado polo profesorado dos catro centros participantes para axudar aos rapaces e rapazas con esta actividade».