Centros educativos de Fene y Ferrol participarán no ciclo Europe Direct

O servizo Europe Direct da Deputación da Coruña organiza, entre os meses de marzo e xuño, un ciclo de charlas nos institutos de ensino público da provincia co obxectivo de explicar aos estudantes as repercusións que tivo para España a súa incorporación á Unión Europea, hai agora 30 anos.

As conferencias, parte das cales se desenvolverán en inglés, incluirán unha presentación multimedia e abordarán os diferentes aspectos nos que incidiu na vida social, política e económica dos españois a incorporación de España á UE e están destinadas a mozos e mozas de entre 13 e 18 anos (dende 2º de ESO a 2º de Bacharelato).

Os centros educativos interesados en participar nestas eurocharlas poden solicitalas, con carácter gratuíto, a través de europedirect@dacoruna.gal.

Ata o momento catro centros educativos sumáronse xa ao proxecto: os IES de Fene, Hijas de Cristo Rey (Oleiros), IES Ferrol Vello e Dominicos (A Coruña), cun total de 672 alumnos inscritos nas charlas.

Lea también

La Guardia Civil desplegará un dispositivo por el eclipse de más de 24.000 agentes

Pretende garantizar la seguridad en más de 660 puntos de observación, entre los cuales 27 …