O BNG de Ferrol presenta unha moción pola mellora dos servizos ferroviarios

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol rexistrou na mañá deste venres unha moción para o seu debate no pleno da corporación coa que pretenden «poñer fin á discriminación que ten sufrido durante décadas á nosa cidade en materia ferroviaria e que contou coa colaboración e pasividade dos gobernos municipais e ademais para reclamar unha actuación urxente na liña ferroviaria entre Ferrol e A Coruña que a permita sacar do obstracismo na que os sucesivos Gobernos a mantiveron».

Despois durante anos diversas iniciativas na defensa dun servizo ferroviario digno para Ferrolterra, os nacionalistas destacan que «cumpre actuar decididamente para acadar o incremento dos servizos ferroviarios, así mesmo consideramos que o problema da situación do ferrocarril non se resolve unicamente pedindo unha entrevista co Ministerio de Fomento e esixe ao goberno local que se preocupe por manter viva unha via de comunicación como é o transporte ferroviario en vez de querer convertila nunha reliquia para expor nun museo».

Así, o BNG de Ferrol considera que o ferrocarril «é un servizo público básico, sustentábel economicamente, que constitúe un elemento de cohesión e vertebración social, ademais de ser un factor de dinamización e equilibrio demográfico. Como medio de transporte é o elemento central dun sistema nacional de transporte intermodal e complementario, resulta o máis eficiente no que atinxe ao transporte de granel e mercadorías non perecedoiras, respectuoso co medio ambiente, e ademais fonte dun emprego de calidade».

Os nacionalistas tamén destacaron que a «día de hoxe, non é viábel coa situación actual das infraestruturas e co número de frecuencias actuais manter a medio e longo prazo o ferrocarril no itinerario Ferrol-A Coruña por resultar obsoleto e ineficiente socialmente, xa que os tempos de viaxe fanse excesivos para atender e cubrir as necesidades de transporte en todo o itinerario por motivos de traballo e estudo».

É por iso que o BNG propón que o pleno do concello aprobe os seguintes acordos:

1.- Reclamar do Goberno do Estado que desista do proceso de desmantelamento de servizos ferroviarios no noso país, e de calquera tipo de proceso privatizador da xestión da empresa en calquera das súas seccións, reclamando o mantemento das liñas existentes e o incremento dos servizos e frecuencias que se veñen prestando en territorio galego e en concreto a liña Ferrol-A Coruña.

2.- Sendo Conscientes de que, sen mellora das infraestruturas, non é posibel que o tren Ferrol-A Coruña teña futuro, tanto para viaxeiros como para mercadorías, demandamos a execución, a curto prazo, dun by-pass en betanzos Infesta para facer posíbel que a duración da viaxe non execda de 1 hora, e a medio prazo, a modernización da infraestrutura, con dupla vía, electrificación e eliminación de

3.- Reclamar do Goberno do Estado restaurar as paradas, polo menos como facultativas, dos actuais servizos de media distancia Ferrol-A Coruña, que foron eliminadas, deixando sen servizo ferroviario a maioría dos concellos do itinerario.

3.- Reclamar do Goberno do Estado a posibilidade de se poderen usaren os trens a e desde Madrid, como servizos de media distancia, cos prezos de billete acordes con esta clasificación, no itinerario Ferrol-Lugo-Ourense, e Ferrol-Coruña-Santiago, como forma de colaborar á conexión desta comarca co resto da Galiza.

4.- Demandar do Estado as transferencias en materia de ferrocarril interior, xunto cun financiamento axeitado, co obxectivo de crear unha compañía pública ferroviaria galega que mellore a prestación deste servizo no noso país e permita acometer as infraestruturas e desenvolver os servizos de transporte ferroviario na Galiza que contribúan a vertebración económica, social e territorial do país.

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …

Un comentario

  1. Recuerdo cuando Paco Rodriguez apoyaba los presupuestos del Estado, con Solbes, para que hicieran un kilómetro de AVE, desde el Puente de las Cabras hasta la Estacion del Tren.

    De adelantar la Estación, cubrir la via hasta San Juan y unir Canido y Santa Mariña con el Ensanche, ya no dicen nada?