Peticións veciñais de Doniños, dos montes de San Xurxo e de Menáncaro

ferrol-montesO Concello de Ferrol estudará as peticións formuladas pola Xunta Veciñal de Doniños e polos veciños dos montes de San Xurxo e da Fraga de Menáncaro.

Na mañá deste luns a primeira tenente de Alcalde, Beatriz Sestayo, e a concelleira do Medio Rural, Rosa Méndez, mantiveron reunións cos distintos colectivos veciñais para escoitar as súas peticións á administración local.

Segundo explicaron ao termo das reunións, dende o Concello se asumiu o compromiso de xestionar con axilidade a solicitude de que Fomento realice determinadas obras en Doniños, que están pendentes dende hai anos, así como estudar a posibilidade de acometer intervencións menores que lle corresponden ao Concello, como as referentes á sinalización vertical.

En canto a Menáncaro, na reunión, na que tamén participaron membros de entidades ecoloxistas, asumiuse o compromiso de estudar o establecemento de proteccións de carácter ambiental de distintos enclaves únicos, entre eles a Fraga, que se teñen que protexer e por en valor, ao tempo que se traballará para continuar coa protección e ampliación a zonas con vexetación autóctona.

Finalmente, os veciños dos Montes de San Xurxo expuxeron problemáticas que estaban pendentes de ser abordadas polo goberno local e que nalgúns casos teñen que ver coa legalidade urbanística así como con distintos procesos de expropiacións.

Lea también

Suspenden el operativo de búsqueda de Doniños, en Ferrol, al no denunciarse la desaparición de ningún pescador

El operativo de búsqueda que se había activado alrededor de las 19,00 horas del pasado …

2 comentarios

  1. Otra reunión para la foto de la Alcaldesa y con compromisos NULOS.
    » El Gobierno estudiará»

  2. Por fin pasó. El alcalde sale dos días a Madrid y Sestayo le quita el puesto. Ya da las ruedas de prensa ella, ya presenta los presupuestos y ya SE SIENTA EN EL SILLÓN DEL ALCALDE. No hay imagen más ilustrativa.