Iniciativa Cidadá de Mugardos se ha reafirmado una vez más en la necesidad de conseguir la justicia social «a xustiza social a través dos valores da participación cidadá, a rexeneración política e o respecto mutuo». De esta forma, la organización pretende dar voz a una parte del pueblo que no se sentía representada. «Fixémolo do mesmo xeito que tantas outras mareas cidadás que asolagan as cidades e vilas galegas: construíndo unha candidatura plural mediante primarias e listas abertas nun proceso que rematou por ser dos máis exitosos do país. Se Esquerda Unida de Mugardos non formou parte da marea municipal foi porque non estivo disposta a aceptar este modelo aberto e horizontal», señalaron.
Desde el grupo político mugardés matizaron que las relaciones con el resto de organizaciones con las que concurrieron a las elecciones municipales fueron de profundo respeto antes, durante y después del 24 de mayo. «Coa chegada á corporación a nosa actitude foi sempre propositiva e procuramos desde o primeiro momento tender pontes. Durante os meses de agosto e setembro mantivemos xuntanzas con BNG e PSOE na procura de puntos en común que resultaron moi cordiais. Mais con EU apenas tivemos uns minutos para falar do modelo urbano no que dicían non coincidir antes de sermos expulsados da súa sede.Así as cousas, neste momento é preciso saír ao paso das constantes acusacións que recibimos por diferentes vías de parte de Pilar Díaz», lamentaron.
«O preacordo de goberno subscrito tras das eleccións asentábase na confianza entre as partes. Sen embargo, ICM non foi respectada por parte de quen tras 20 anos pretende autoproclamarse líder do cambio. Nin durante a campaña, sendo a única organización que nin tan sequera deu resposta ao noso chamamento ao debate público; nin durante as negociacións, nas que se nos mentiu sobre a necesaria composición da Xunta de Goberno; nin co inicio do novo mandato, estreado o 13 de xuño cunha actitude ofensiva cara ICM tras do Pleno de Constitución que abriu feridas que nós nunca pretendemos; nin nos meses seguintes ata hoxe, cunha actitude de bloqueo de calquera iniciativa que non parta do seu liderado. É así como nestes primeiros meses forzou inexplicablemente as diferenzas con propostas plenarias de ICM como a solución aos ciclos de FP. Nin somos nós quen nos afastamos dos nosos principios, nin somos nós quen temos no curriculum político a negociación co PP para compartir a alcaldía», declararon desde el grupo municipal.
Iniciativa Ciudadana de Mugardos apuesta así por la regeneración democrática y la renovación continua que estimule la incorporación de gente nueva. «A participación e a transparencia son eixosfundamentais da nosa acción que día a día demostran a insalvable distancia que nos separa dun goberno municipal do PP falto de ideas, desorganizado e desbordado que omite sistematicamente información á oposición. O noso programa de goberno é claramente social, mais trazamos nitidamente unha liña vermella con respecto aos discursos culpabilizadores dos demais e nunca autocríticos, á imposición, a falta de talante e diálogo, o personalismo e a perpetuación no cargo», apuntaron.