A deputación aproba dous convenios culturais co Concello de Ferrol e un con Asfedro

diputacion-pleno-12-9O pleno da Deputación aprobou  dous convenios co Concello de Ferrol para o financiamento de sendas actividades culturais. En concreto, a institución provincial destinará 17.000 euros para apoiar a XXIX edición do concurso internacional de Piano “Cidade de Ferrol”, un dos máis antigos de España e o máis antigo de Galicia, que se celebrará na cidade naval entre o 20 e o 27 de novembro e que conta cunha grande proxección internacional, tanto polo número de participantes como pola súa calidade artística, e  unha achega de 28.000 euros para cofinanciar o ciclo “Música na Ilustración 2015”, organizado polo Concello de Ferrol, e que conta coa colaboración da Deputación  dende o ano 2013.

Entre outros investimentos aprobados no pleno de hoxe figura tamén unha achega económica de 18.000 euros para o programa Educando no Lecer 2015 da Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO).  

Lea también

Ferrol celebra la semana de la movilidad

El Ayuntamiento de Ferrol celebra desde este martes 16 de septiembre, la Semana de la …