A comedia «Misterio cómico» o xoves no Pazo da Cultura

naron-teatro do morcegoA compañía teatral Teatro do Morcego representará este xoves, día  20, no Pazo da Cultura a comedia “Misterio Cómico”. A obra, que está dirixida ó público adulto, dará comezo ás 20:30 horas. As entradas están xa á venda nas billeteiras do auditorio, ó prezo de 9.50€ para público xeral e 6,65€ para abonados, usuarios de carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

Trátase dunha adaptación dun texto de Darío Fo co que acadou dous premios Compostela no ano 92 ao mellor actor para Celso Parada e mellor director para o portugués Julio Cardoso. Con esta peza teatral, celébrase o XXV aniversario da fundación da compañía Teatro do Morcego.

Darío Fo quere contar a verdadeira historia, a do pobo, a que foi sempre marxinada pola cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Indignado pola terxiversación que os popes culturais fixeron deste feito como doutros temas, reivindica o verdadeiro coñecemento dun elemento esencial da cultura italiana, como é a súa tradición oral e escrita de teatro popular.

Baixo a dirección de Julio Cardoso, ‘Misterio Cómico’ está protagonizada exclusivamente polo artista Celso Parada.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …