Según unha nota remitida por Esquerda Unida, sinala entre outras cousas que «defendeu hoxe na comisión ordinaria de Benestar Social a necesidade de que o concello de por finalizado o período de recortes orzamentarios a Aspaneps. A asociación, que atende a nenos e nenas con problemas psicosociais, ven denunciando o recorte que sofre desde 2010 por parte de Xunta e Concello. Por parte da primeira casi un 30% e por parte do concello un 53%. Programas que foron premiados e que se converteron en referencias no eido da saúde mental infantil».
«O concello coa súa política está a provocar unha mingua das condicións laborais dos traballadores de Aspaneps e , como consecuencia, dos servizos que presta desde hai máis de vinte anos. O equipo de Aspaneps someteuse a un ERE e recorte do 25% dos seus salarios para así manter o servizo. No concello de Galicia co remanente de tesourería multimillonario ocorre que hai unha entidade que cumpre desde hai décadas coas funcións que, no momento do seu nacemento, nin sequera cumpría a administración sanitaria e que sofre unha retallada de vinte mil euros».
Os concelleiros de Esquerda Unida ao igual que as parlamentarias de AGE a semana pasada en entrevista de traballo en Aspaneps, defenderon que o goberno municipal se dirixa á Xunta para restituír a subvención aos niveis de 2010 e que inmediatamente o concello faga o propio coa subvención para o 2015 nos orzamentos correspondentes.
«Para Esquerda Unida-remata o cumunicado- non é suficiente o que o PP local ten previsto: unha suba de cinco mil nun dos programas que sufriron un recorte de vinte mil. De non facelo o grupo municipal comprométese , desde xa, a presentar a alegación correspondente aos orzamentos municipais en materia de asistencia social sen que supoña nin un euro de mingua en ningún dos programas xemelgos do departamento de Benestar: hai de sobras de onde tirar. Trece millóns de sitios».