EU de Ferrol presenta una moción solicitando el estudio de la concesión del servicio de limpieza

esquerda unida 28-3El portavoz y concejal por Esquerda Unida de Ferrol, Javier Galán, presentó este lunes 27 la moción en la que insta al alcalde del Gobierno Municipal del Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a dar instrucciones precisas y proceder de forma inmediata y urgente a la presentación del estudio del estado de la concesión del servicio de recogida de sólidos y limpieza viaria.

A data de hoxe, cando se está a rexistrar esta moción a menos de tres meses vista do fin da concesión coa empresa Urbaser para a recollida de sólidos urbanos e limpeza viaria, o goberno municipal non presentou o estudo que permita unha avaliación da situación da empresa Urbaser concesionaria do servizo de recollida de sólidos e limpeza viaria. Por lóxica elemental de bo goberno, previa a calquera decisión sobre a concesión, o futuro do servizo e o prego de concesións, debería iniciarse un debate público que partira dun informe do goberno.

Por ello, para los de EU consideran necesario “coñecer e analizar todas as variables que concorren na situación de fin da concesión incluídas aquelas que conforman o histórico da mesma e que contemplan as modificacións do contrato concesional en materia de investimento e renovación. Cómpre, ademais, coñecer a conta de explotación da empresa e os seus costos de persoal e cómpre, en definitiva, dar conta das modificacións do servizo previstas, do seu impacto económico, do seu impacto no costo no equipo de persoal sen alteralo ou reasignalo e, por parar en algún punto, entrar no detalle do costo do impacto de persoal por capítulos-maquinaria. Cando menos isto que , queremos lembrar, foi o que, con certos matices de importancia, se fixo no ano 2009 a propósito da última modificación no servizo de recollida de RSU e limpeza viaria”.

Para tal fin propoñeremos ao gobernó”, continuaron los de Esquerda Unida, “a realización dun estudo sobre a situación da empresa de tal xeito que se analice e traballe sobre costos reais e cifras contrastadas, persoal da empresa concesionaria, maquinaria, previsión de costos etc. Non é interese deste grupo lanzar ideas ocas sen base obxectiva: queremos un debate franco e serio onde a cidadanía teña a oportunidade de poder acceder a información clara e precisa sobre os seus intereses e o seus diñeiros. Queremos que o pobo de Ferrol poida ter a posibilidade de facer a súa propia reflexión sobre cousas moi sinxelas se son ben explicadas: sumar á masa salarial de Urbaser os gastos de explotación e contrastalo co canon que se negocie”.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …