TG e BNG celebran un acto conxunto na «defensa da identidade de Galiza»

naron-BNG-TGNa mañá deste luns, día 21, os portavoces dos grupos municipais de Narón,de TEGA e BNG, Guillermo Sánchez e Pablo Villamar respectivamente, compareceron en rolda de prensa para anunciar a celebración dun acto público na localidade o vindeiro xoves 24, na «defensa da identidade de Galiza como Nación».

A organización deste acto ven promovido polo debate acontecido no Pleno do concello do mes de xuño, onde só TEGA respaldaba unha iniciativa do BNG reclamando o dereito a decidir dos galegos e galegas.

Será ás 12.00 h. na contorna do monolito emprazado na Rúa Alexandre Bóveda con motivo da declaración do dereito á autodeterminación do pobo galego, aprobada polo pleno da corporación en setembro de 91, onde terá lugar a reivindicación da identidade nacional galega por parte destas dúas organizacións e onde tamén intervirá Antonio Martínez Aneiros, presidente da corporación naronesa naquela data.

Na comparecencia pública de convocatoria, fíxose un chamamento á participación á cidadanía local, na defensa dos seus dereitos como galegos e galegas.

 

 

Lea también

Informes técnicos determinan en Mugardos la tala de la palmera en la avda de Galicia

El Concello de Mugardos anuncia con pesar la inevitable tala de la palmera situada en …