Esquerda Unida califica la situación de Ferrol de extrema gravedad

esquerda unida 28-3El grupo municipal de Esquerda Unida de Ferrol ha hecho llegar un comunicado en el que considera de una irresponsabilidad máxima la actitud del actual regidor del Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela, en el pleno celebrado recientemente. En el texto, el grupo de izquierda califica la situación de la ciudad de extrema gravedad.

«Nunha cidade que acumula os problemas un tras outro a actitude do señor Rey Varela é  para este grupo municipal motivo de fonda preocupación. Nos últimos días a desesperación xa deixa pegada no seu estado de ánimo e isto inflúe na súa toma  de decisións. Onte no pleno o portavoz de Esquerda Unida tivo que insistir varias veces en separar a figura do Alcalde das manobras do Partido Popular para agochar problemas e facer oportunismo político. Vexamos:

Hai uns días e con motivo da visita da Decana do Colexio da Avogacía de Ferrol, logo  unha visita institucional, o Alcalde tomou posición e fíxoa pública contra a supresión do partido xudicial de Ferrol e as súas consecuencias para a cidade. Até aquí todo ben , o problema está en que, a partir desa reunión, o Partido Popular decidiu presentar unha moción ao pleno sobre o tema e o Alcalde desentenderse de calquera tratamento vía xunta de voceiros e moción institucional ao pleno respectando a autonomía das formacións políticas para proceder no futuro consonte o seu ideario. Tan crítico con outros alcaldes outrora, tan pouca altura política e institucional agora.

E non contento con isto o Alcalde-Presidente do Concello-Pleno non inclúe na orde do día dun pleno que só leva (á marxe da aprobación da acta e de dar conta das resolucións ditadas) un punto ,e outro de última hora, e que durou escasamente sete minutos, unha moción conxunta da oposición presentada a instancias da comisión veciñal de Caranza. Os veciños querían, á marxe da moción, intervir no pleno e expoñer todo o que o Partido Popular non quere ouvir e todo o que se encarga de silenciar.

E , por parar por algún lado, non se permitiu o acceso á cidadanía ao pleno deixando practicamente baleiras as bancadas do público impedindo a entrada de cidadáns e cidadás que de un en un solicitaban co DI na man entrar a unha sesión pública.

“Hai que ser un pouco máis serios e ter un certo sentido da responsabilidade como Alcalde. A situación é a que é, de gravidade extrema , e non se pode presidir un pleno impedindo un acceso normalizado da cidadanía e xogando co móbil durante a sesión”.

Esquerda Unida denunciou e denunciará unha actitude que vai alén das meras formas e do protocolo institucional: Ferrol necesita un Goberno e un Alcalde que encare os enormes problemas da cidade con seriedade, política e persoal.«

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …