Obra teatral de monicreques

el-gallo-de-las-veletasA Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza este domingo, día 2 de febreiro, unha nova peza teatral dedicada aos máis pequenos que terá lugar no Teatro Jofre. A obra infantil “El gallo de las veletas” dará comezo ás 18:00 horas.

A compañía La Canica, adapta o conto de Javier Villafañe, “El gallo de las veletas” que narra a historia dun galo que vivía nun galiñeiro, onde sempre vivira cos seus pais, os seus avós, os seus bisavós e os seus tataravós. Unha tarde de outono, un paxaro acercase a conversar co galo e, tras ese encontro, o galo decide escapar para coñecer o río, o bosque, a montaña, o mar. Esta obra teatral foi galardoada cos premios ao mellor espectáculo e mellor actriz en FETEN 2013.

As entradas para asistir ao espectáculo poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

 

 

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …