O BNG de Narón pide a Defensa a cesión dos terreos da Estación radio da Carreira

estacion radio a carreiraDespois de que os medios de comunicación recolleran a intención do Ministerio de Defensa de se desfacer da titularidade da antiga estación de radio da Carreira, terreos que comparten os concellos de Narón e Valdoviño, dende o BNG apóstase por unha transferencia ou cesión dos terreos ao Concellos.

Nun comunicado o BNG de Narón sinala que «sería de xustiza que o goberno do estado cedese gratuitamente estes espazos que no seu día decidiu abandonar á súa sorte e que a día de hoxe requirirían dun total acondicionamento e mellora para calquera uso que se lles puidese dar espazos polos que, por outra banda, a normativa ten eximido da obriga de tributar nas arcas locais.

Non parece de recibo que ou cando menos, parece discriminatorio, que a Administración do Estado goce dunhas prerrogativas ao respecto dos seus bens no territorio municipal e que nesta coxuntura, co agravante da desidia que levou a que estas propiedades se atopen nun estado lamentábel, o Ministerio de Defensa pretenda actuar coma unha inmobiliaria, tratando de sacar rédito económico duns terreos que irán destinados a fins públicos e que suporán si ou si, como xa se indicou, un desembolso económico para a administración local.»

Parcela á venda

O Departamento Comercial do «Instituto de la Vivienda, Infraestyructura y Equipamientos de la Defensa» (INVIEDD) ten anunciada a venda como prevista da Estación Radio de A Carreira. Na súa paxina wed ofrece os seguintes datos:

Descrición e Situación:

Terreo rústico en Narón, Estación de radio A Carreira. Terreo rústico con instalación en bo estado, salvo antena, pola vixilancia que exerce a Armada. Nos municipios de Valdoviño e Narón. No Municipio de Narón: Chan rústico apto para urbanizar. No Municipio de Valdoviño: Chan non urbanizable de núcleo rural, zona de edificación residencial illada.

Calificación: RústicoTipo: Finca RústicaSuperficie (m²):117.000.

 

 

Lea también

Fallece un conductor al salirse de la vía su vehículo en As Pontes y precipitarse a un riachuelo

Un conductor de 80 años ha fallecido en la mañana de este lunes, día 4,  …