O alcalde Ignacio Cabezón presenta a XV edición da Revista de Neda

(revista número 14)
(revista número 14)

O alcalde Ignacio Cabezón Lorenzo, presidirá este venres, día 20, o acto de presentación da XV edición da Revista de Neda. Un acto sinalado no calendario cultural da real vila ao que están invitados todos os veciños e veciñas a partires das 20 horas na Casa da Cultura. O rexedor estará acompañado do prestixioso doutor e profesor nedense Melchor Álvarez de Mon Soto, Premio Nacional de Mediciña. Un invitado de excepción para analizar o contido e artigos que recolle este ano a Revista.

Neste sentido, o alcalde quixo expresar públicamente o seu agradecemento á Deputación Provincial da Coruña, que colaborou de xeito decisivo na financiación da publicación. Deste xeito, e unha vez presentada a Revista de Neda, da que se editaron medio millar de exemplares, sairá á venda en librerías de toda a bisbarra e pasará a engrosar os fondos bibliográficos dos centros municipais e asociacións, onde a cidadanía poderá consultala.

A Revista de Neda está estructurada en tres partes: Biografías, Homenaxes e Lembranzas; Humanidades, e Ciencia e Técnica. Neste número conta cunha vintena de firmas colaboradoras, entre eles autores que desexan realizar a súa aportación ás páxinas dun xeito anónimo. No extremo contrario, entre os articlistas están José Carlos Luaces Vázquez, Fernando Cendán Pazos, Juan José Rodríguez de los Ríos, Manuel Castro López, J. Alvaro Porto Dapena, Carlos Castro Casal, José Carlos Romero Veiga, Vicente Araguas, Iago Ferrer e Bosquina Pérez, Manuel A. García Lamas, Sandro A. Basoa Navarro, Elisa Ferreira Priegue, Fran-cisco Sayáns Gómez, Francisco Javier Pérez Suárez ou Natividad Villaamil Abad.

A Revista de Neda nacía hai quince anos para dar a coñecer e pór en valor o extenso legado que deixara á súa morte o cronista oficial da vila, Antonio Vázquez Rey. A publicación era o xeito do Concello de homenaxealo. Unha publicación que tamén se abriu á participación de todo aquel que tivese algo que contar. Quince anos despois, Neda ten aínda moita historia por descubrir e a súa Revista tenta promover a súa difusión.

Por último, o Concello reitera a súa invitación á veciñanza para que acuda este venres á presentación da súa Revista. Un acto que pechará a solista canadiense Julie Guravich que ofrecerá un concerto acompañada polo guitarrista Cabe García.

melchor alvarezMelchor Álvarez de Mon Soto

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, onde anos máis tarde obtivo o Doctorado, Melchor Álvarez de Mon Soto, un nedense de pro, desenvolveu unha intensa actividade académica toda vez que, dende que comezou como médico interno e residente en Madrid, pasou a ser Profesor Titular na Facultade de Medicina da Universidade de Alcalá de Henares, Xefe de Sección, Secretario da Facultade, Vicedecano e en 1991, Catedrático.

Premio Nacional de Medicina, ademáis da súa actividade de carácter docente-administrativa, exerceu de profesor visitantes en varios países, especialmente en Estados Unidos (Universidades de Texas, California, Stanford, Rochester, Pensilvania e Clínica Mayo). É patrono de varias Fundacións hospitalarias, investigador, con tres sexenios de investigación recoñecidos e, dende 2003, exerce como Xefe do Servizo de Enfermidades do Sistema Inmune e de Oncoloxía do Hospital Príncipe de Asturias, de Alcalá de Henares. É director da Revista Clínica Española e doutras americanas, ten publicados máis de 350 traballos científicos e de investigación, é editor de 15 libros, así como algo máis dun centenar de artigos en revistas internacionais da súa especialidade.

 

 

Lea también

O polideportivo de Cedeira convértese nun parque de atraccións polo Nadal

O Concello de Cedeira instalará un ano máis un parque de xogos e atraccións no …