Sestayo pide a comparecencia de Feijóo no Parlamento galego para que «rinda contas sobre o incumprimento co naval»

beatriz-sestayo_560x280A deputada socialista Beatriz Sestayo vén de rexistrar no Parlamento Galego unha petición de comparecencias en Pleno e en Comisión do Goberno de Feijóo para «rendir contas » ante o que cualificou como “total incumprimento dos compromisos do presidente da Xunta co naval”.

A parlamentaria socialista, » na semana na que se cumpre un ano do anuncio do que era o «inminente» contrato de Pemex –en plena campaña electoral, por certo-,  e dentro dunha folla de ruta na que leva máis de cen iniciativas sobre o naval ferrolá»,

cualifica de “burla e desprezo sen paliativos a conducta do PP co naval.» Ademais, Sestayo acusa a Feijóo de comportarse con esta comarca e, nomeadamente con este sector estratéxico para unha zona especialmente castigada polo paro e polas políticas de recortes do Partido Popular, dun xeito “frívolo” e “imperdoable”.

A parlamentaria ferrolá fixo un relato de «todos os incumprimentos do presidente da Xunta cos estaleiros ferroláns«: centro de reparacións, dique flotante, quimiqueiros, remolcadores ou mesmo dito flotel.

As promesas foron moitas, pero a realidade é que neste tempo de grandes anuncios e brindis ante as cámaras a única realidade é que xa van 2.500 despedidos no naval ferrolá”, asegurou Sestayo, que engadiu que “e mentres todo isto acontece, se lle apretan as torcas aos traballadores nunha negociación dun convenio que pretende rachar cos dereitos máis elementais dos empregados de Navantia que aínda manteñen os seus postos; uns postos que ninguén pode garantir dado o pasotismo dos diferentes gobernos do Partido Popular”.

“O naval precisa de solucións urxentes e Ferrol precisa do naval para poder sobrevivir. O tempo corre na súa contra e o PP semella que ten cousas mellores que facer que atender a esta cidade e a esta comarca”, dixo Sestayo. “Se Ferrolterra morre haberá un culpable e éste chámase Partido Popular”, sentenciou.

A parlamentaria denunciou o uso da técnica do medo imposta polos gobernos populares. “En campaña electoral só anunciaban éxitos e agora as súas derrotas lles obrigan, segundo o presidente de Navantia, a adoptar medidas de recorte urxentes”, dixo a deputada, que tamén criticou duramente o “silencio cómplice da Xunta e do alcalde de Ferrol ante este nudo de mentiras e coaccións a uns asteleiros que xa non poden máis”. A este respecto, preguntouse “ónde están todos aqueles éxitos polos que brindaba Feijóo ante as cámaras da TVG”.

Finalmente, Beatriz Sestayo ven de solicitar unha entrevista co comité de empresa de Navantia a fin de seguir a loita “sen renuncias nin rendición polo futuro dos estaleiros e da comarca de Ferrol”.

 

 

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …