O Grupo municipal socialista insta a subsanar urxentemente as deficiencias estructurais no mercado de Recimil

mercado recimilO Grupo Municipal Socialista, a través do seu concelleiro Jaime Pena, insta ao alcalde unha vez máis a que se poña en marcha un plan para a dinamización dos mercados municipais da cidade, máis aló de actuacións de promoción individuais e intermitentes, e acolléndose ás diferentes liñas de subvencións que outras administracións poñen en marcha para a mellora das prazas de abasto.

 

Mercado de Recimil

Así mesmo, piden a subsanación urxente das deficiencias estruturais que mostra o mercado municipal de Recimil, que atópase nunhas condicións inadecuadas, e que xa a Xunta de Galicia plasmou nun acta de inspección. Concretamente, a reparación destas deficiencias foron requiridas pola devandita inspección o 24/11/11 e novamente o 31/01/12, facendo o goberno local caso omiso aos requirimentos que cominaban ao goberno local a reparar un conxunto de deficiencias no Mercado de Recimil. Deficiencias, entre outras, como as numerosas pingueiras e humidades, ou a falta de ventilación, o que se traduce nunha lamentable aparencia do mercado, e nun estado estrutural moi deteriorado da instalación.

Os e as socialistas lembran que meses despois, e ante os novos requerimentos do Grupo Municipal Socialista e da Inspección da Xunta, o goberno local decidiu acometer unha obra, “non para subsanar os problemas estruturais que se detallaban no acta, senón para intentar lavar a cara facendo pequenas reparacións, que semellan pequenas chapuzas, onde o goberno local malgastou 20.000 euros que finalmente non serviron para nada. Así días despois volveron a aflorar as deficiencias do mercado municipal, ata o punto que os praceiros tiveron que recoller a auga de chuvia en pleno mercado», lembra Jaime Pena.

Para o concelleiro socialista, outro exemplo máis da desastrosa xestión nos mercados municipais do goberno local, é o rexeitamento da proposta en positivo do Grupo Municipal Socialista, onde “instábamos ao concello a acollerse a unha liña de axudas da Xunta de Galicia, para instalar un punto de wifi gratuíto, tanto para clientes como praceros nos mercados municipais.” Aínda así, meses despois o Concello tivo que dotar deste servizo ás prazas de abasto municipais, con propios fondos do concello e, neste caso, so para usos exclusivos da Xunta de Galicia.

Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista requírelle por enésima vez ao goberno popular que afronte a súa responsabilidade como propietario das instalacións, e deixe de actuar de forma tramposa conculcando os dereitos dos seus inquilinos: as e os praceiros. “Urxe unha solución definitiva para o mercado municipal de Recimil, e urxe que o goberno local dote dun plan ás prazas de abasto municipais, para a súa promoción e mellora”, conclúe Jaime Pena.

 

 

Lea también

La campaña de nidificación de gaviotas en Ferrol, está operativa hasta agosto

El Ayuntamiento de Ferrol pone en marcha una campaña para controlar la nidificación de gaviotas …