Compromiso por Galicia esixe ao goberno das Pontes a limpeza da Fraga

As Pontes- Fraga sucia-1O pasado 24 e 25 de xullo tivo lugar a tradicional Romaría no Parque da Fraga das Pontes. A día de hoxe aínda queda unha importante cantidade de lixo por recoller.

Segundo a concelleira de Compromiso por Galicia, Jéssica Fernández Polo “isto non é só unha desatención ao medioambiente e o patrimonio, senón que tamén resulta perigoso para aqueles vecinos e veciñas que queiran desfrutar da Fraga”.

A situación resulta todavía máis preocupante se temos enas Pontes-Fraga sucia-2 conta que o concello decidiu retomar os actos suspendidos o 25 de xullo e celebrar a sesión vermú e o concerto dos Suaves a finais do mes de setembro. En palabras de Jéssica Fernández Polo “ cabe a posibilidade de que con esta Pseudofraga se repitan os mesmos problemas, dado que é evidente que o Concello non ten a máis mínima preocupación polo tema”

Dende Compromiso por Galicia esixen ao grupo de goberno que remate inmediatamente a limpeza da Fraga e que garanta un servizo extraordinario de limpeza para os actos que se prevé celebrar no vindeiro mes.

 

Lea también

As Pontes celebra a 45ª edición da Feira do Grelo cun amplio programa cultural, gastronómico e divulgativo

O Concello das Pontes organiza os días sábado 14 e domingo 15 de febreiro a …