As xuventudes socialistas critican a política para a mocidade do goberno local

xuventudes socialistas ferrolAs Xuventudes Socialistas de Ferrol con motivo da celebración este luns ,día 12, da xornada internacional da Xuventude, “mostra o seu disgusto ante a inexistencia de políticas para a mocidade que está a levar a cabo o goberno local. Os mozos socialistas califican como unha burla que o concello “celebre” cun concerto o día da mocidade e que non dedique máis esforzos a solucionar os problemas dos mocidade ferroláns.

“É unha vergoña que nun concello con semellante índice de paro xuvenil o goberno só se dedique a gastar cartos en traer ós cantantes de La Voz. Para nós é una mostra clara que o goberno nin coñece nin lle interesa os problemas reais da mocidade ” apuntou a Secretaria Xeral, Ana Lamas. As Xuventudes socialistas lamentan a falla de políticas activas de creación de emprego xove e a inexistencia de axudas para a emancipación, temen que “dentro de pouco paseen máis mozos ferroláns por Londres que pola Calle Real”.“Queremos lembrarlle á concelleira que temos unha sangría de emigracións de mozos e mozas, animámosla a que volva á terra e escoite o que necesitan ós ferroláns” .

Lamentan que o concello non teña vontade de familiarizarse coas inquedanzas da mocidade e que teña bloqueada a creación do consello local da xuventude, mecanismo que podería ser útil para entender que necesitan ós mozos e mozas do concello. Respecto á actividade de “conducción segura” que vendeuse a bombo e platillo como parte da celebración do día da xuventude, llembranlle á concelleira que, na situación actual, a porcentaxe de mozos que poden permitirse un coche é moi limitada. “Se ben é certo que consideramos que é una actividade moi útil estamos totalmente en desacordo en ligala á celebración do día internacional da mocidade , xa que o vemos como una forma de criminalizar e calificar de imprudentes ós mozos e mozas. Animamos ó concello en que concentre os esforzos nos problemas prioritarios como o desemprego”.

 

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …