A deputación coas victimas do accidente ferroviario. Apoio aos traballadores de Megasa,Telecom e afectados preferentes

diputacion-plenoA Deputación da Coruña deu lectura ao principio da sesión celebrada este mércores, día 31, e tras gardar un minuto de silencio a unha declaración institucional en memoria das vítimas do accidente ferroviario acontecido o pasado mércores en Santiago de Compostela. Con este texto, tódolos grupos políticos que conforman a corporación expresaron o seu apoio ás familias da vítimas mortais. Tamén quixeron trasladar ás persoas feridas e os seus familiares o seu desexo dunha pronta recuperación. Ademais, con esta declaración valórase o esforzo desenvolvido por tódolos profesionais que atenderon aos afectados, aos veciños e veciñas que colaboraron nas tarefas de rescate e a tódalas persoas voluntarias que se ofreceron para doar sangue, amosando a súa xenerosidade e solidariedade.

Da mesma forma, os tres grupos políticos representados no pleno quixeron mostrar o seu apoio aos traballadores de Megasa. A través dunha segunda declaración institucional, a Deputación da Coruña manifestou o seu respaldo e solidariedade ao conxunto dos traballadores da empresa con sede en Narón. A través desta alegación, a Deputación pediu unha solución normativa satisfactoria que garante a libre competencia no sector siderúrxico, permitindo garantir a viabilidade da empresa, así como os postos de traballos que esta xera, xa que o peche desta fábrica tería unha nefasta repercusión para o Concello de Narón, para a comarca de Ferrolterra e, por extensión, a toda a provincia da Coruña.

A cámara provincial tamén aprobou por unanimidade dúas mocións en apoio aos traballadores e traballadoras de Arteixo Telecom e ás persoas afectadas polas participacións preferentes e a débeda subordinada.

 

 

Lea también

Rescatadas todas las vacas que se cayeron en un precipicio de Lugo con la colaboración de un helicóptero de Asturias

El rescate de las vacas que se cayeron en un precipicio de Taboada se ha …