Este domingo, día 21 celébrase na explanada do local social municipal de O Couto, en Narón a 15ª «Festa gastronómica do pemento do Couto».
O programa de actividades é o seguinte:
10:00 horas: Mercadiño e Mostra de produtos do campo.
13:00 horas: Pregón a cargo de Flor Maceiras, directora da Escola de Teatro e da Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón.
13:30 horas: Xuramento das novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto. Nomearanse tres novos membros:
-Por parte da Asociación de Veciños de O Couto: ó presidente da Cooperativa de O Val, Benito Castro.
-Por parte da Cooperativa de O Val: á Concelleira de Educación e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada.
-E por parte do Concello: á parella de baile formada por Sandra García e Román Romero, profesores da Escola de Baile de Narón.
14:00 horas: Xantar (menú: churrasco con Pementos do Couto, pan, auga, viño e café ó tizón). Os tickets están xa á venta, ó prezo de 12 euros, nos seguintes lugares: 3ª pranta do Concello (de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas), Local Social Municipal de O Couto (de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas), Cooperativa de O Val (no horario de apertura habitual) e Mesón A Trasanquesa (Sedes).
16:30 horas: Concurso da cesta de pementos mellor presentada.
18:00 horas: Baile amenizado por un grupo musical.
A organización da Festa gastronómica do Pemento do Couto corre a cargo da Asociación de Veciños de O Couto e o Concello de Narón, en colaboración coa Cooperativa do Campo de O Val.