Hoy xornada de irmandade Ferrol-Vila do Conde.

rancho_praca-2 O Concello de Ferrol recupera os actos institucionais de irmandade coa cidade portuguesa de Vila do Conde con motivo da conmemoración do 40 aniversario do enlace entre poboacións. Os actos conmemorativos serán hoxe sábado, dando comezo ás 13:00 horas, e comprende diversas actividades.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidirá a recepción oficial á delegación de Vila do Conde que terá lugar no Pazo Municipal ás 13:00 horas.

toxos e froles-1Así, no acto de recepción os representantes da Cámara Municipal da cidade portuguesa recibirán agasallos de recordo e asistirán ás actuacións do Real Coro «Toxos e Froles» de Ferrol, que interpretará o Himno Galego; e do Rancho da Praça que representará o Himno das Rendilheiras.

Xa pola tarde terá lugar o concerto conmemorativo do 98 aniversario da fundación do Real Coro Toxos e Froles ás 20:30 horas no Teatro Jofre onde actuarán as Cantigas da Terra, Rancho da Praça e o Real Coro «Toxos e Froles».

Ademais, farase entrega da letra da foliada “Ferrolada” ao Concello de Ferrol e estrearase dita foliada.

 

 

 

Lea también

El Racing y el Levante se enfrentan este viernes en A Malata

El Levante UD visita en la noche de este viernes 22 A Malata, un duelo programado …