O BNG convoca un acto para esixir a reapertura e entrega das vivendas da Xunta en Telleiras

telleiras O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol decidiu convocar unha concentración para o sábado 9 de marzo, às 12 horas, diante do edificio interxeneracional de Telleiras para esixir a apertura e entrega inmediata das vivendas existentes neste edificio propiedade da Xunta.

O BNG considera totalmente inxustificábel que a Xunta de Galiza manteña esta infraestrutura pechada desde que finalizou a súa construción aló polo ano 2009, igualmente incomprensíbel é a xustificación reiterada que o goberno local de Ferrol fai deste modo de proceder da Xunta  incapaz de entregar as vivendas as persoas que resultaron beneficiarias das mesmas.

A intención do BNG é convocar unha concentración às portas deste edificio coa idea, de ser posíbel, de realizar unha cadea humana que rodee o mesmo como xeito de esixir a necesidade de que a administración galega axilice a apertura deste edificio que supón facilitar o aceso à vivenda na nosa cidade.

O BNG quere convidar a participar nesta convocatoria a todas as persoas e entidades da nosa cidade preocupadas coa problemática existente na sociedade actual debido às dificuldades para o aceso a unha vivenda digna polo que é inexplicábel que as administracións públicas manteñan un parque de vivenda baleiras e sen darlle uso.

O BNG lembra que a Xunta construiu este edificio destinado a aloxamento para mozos e maiores, con centro de día de atención a maiores e servizos comúns. Asi mesmo lembran que este inmoble coñecido como o “Edificio Interxeneracional de Telleiras”, esta dotado con 53 vivendas de 2 e 1 dormitorios algunhas delas adaptadas e no que ademais se contemplaba o espazo para acoller un centro de día no seu baixo. Este edificio, cuxa construción comezou no ano 2007 e finalizou no ano 2009, está desde entón e até a actualidade pechado e sen uso algún.

 

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …