José Ángel Blanco Pazos gaña o concurso de carteis da II Feira de Formación e Educación de Ferrol

José Ángel Blanco Pazos co alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares Pernas e a concelleira de Educucación e Política Lingüística, Patricia Cons | UDC

José Ángel Blanco Pazos, alumno do máster en Enxeñaría en Deseño Industrial, titulación que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), foi o gañador do concurso de carteis da II Feira de Formación e Educación que promove, o mércores 18 de novembro, de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, no Auditorio Álvaro Lamas, o Concello de Ferrol en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), a través do Campus Industrial.

O pasado xoves 15 de outubro, o alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, recibían, xunto coa concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons Formoso, a este alumno do Campus Industrial de Ferrol logo da presentación da feira e do cartel ante os medios de comunicación.

Nun acto informal, fixéronlle entrega dun cheque por valor de 250 euros e do correspondente diploma acreditativo. A súa proposta foi elixida entre un total de 25 deseños, todos eles elaborados por alumnado da Universidade da Coruña (UDC).

Lea también

Aparece la mujer de 71 años que se ausentó el miércoles pasado del domicilio de su hija en Ferrol

La mujer de 71 años a la que se buscaba esta semana en la ciudad …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *