María Luisa Boquete toma posesión como secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu o acto e trasladoulle á nova responsable o obxectivo común de “procurarlle o mellor presente e futuro ó noso mar e ás xentes do mar”.

Toma de posesión de María Luisa Boquete Pumar como secretaria xeral técnica da Conselleria do Mar | Fot. Xunta

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu esta mañá a toma de posesión de María Luisa Boquete Pumar como secretaria xeral técnica do departamento, cargo no que releva a Marta Barreiro Castro. O acto celebrouse no salón de actos de Presidencia, no complexo administrativo de San Caetano.

Durante a súa intervención, Villaverde deulle a benvida á nova secretaria xeral técnica e
referiuse á súa experiencia en xestión administrativa e económica e en dereito
comunitario. “Móvenos o obxectivo común de procurarlle o mellor presente e futuro ó noso
mar e ás xentes do mar”, afirmou a conselleira, que lle trasladou a súa confianza e o apoio
do equipo do departamento nesta etapa. Tamén agradeceu a Marta Barreiro o traballo
realizado e desexoulle sorte no seu novo cometido na Delegación Territorial da Xunta en
Lugo.

Licenciada en Dereito pola Universidade San Pablo CEU, con especialidade en Dereito
Comunitario, María Luisa Boquete é funcionaria do Corpo Superior da Administración da
Xunta de Galicia, subgrupo A1, e conta cunha ampla experiencia na Administración
autonómica.

Desde xullo de 2024 desempeñaba o posto de subdirectora de Coordinación Económica
da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Anteriormente foi
secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e directora da Área de
Programas da Axencia Galega de Innovación.

Lea también

Villaverde destaca la importancia de iniciativas como el ‘Camiño Gastronómico do Mar’ para el sector

La conselleira do Mar, Marta Villaverde, ha participado este viernes en Burela en la presentación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *