Suso Basterrechea encabezará a candidatura de Esquerda Unida Ferrol para as municipais de 2027

A organización conclúe o seu proceso de primarias cunha candidatura integrada por seis persoas vinculadas a diferentes ámbitos profesionais e sociais.

Suso Basterrechea- IU

Esquerda Unida Ferrol concluíu o seu proceso de primarias para as eleccións municipais de 2027 coa proclamación dunha única candidatura, encabezada por Suso Basterrechea López.

O proceso desenvolveuse conforme ao regulamento de primarias da organización e rematou coa proclamación da candidatura presentada, sen necesidade de celebrar votacións ao concorrer unha única proposta.

A candidatura está integrada por seis persoas procedentes de diferentes ámbitos profesionais e sociais, entre eles a educación, a cultura e a economía, que achegan experiencias e perspectivas diversas.

Concluída esta fase, Esquerda Unida Ferrol inicia os traballos de preparación das eleccións municipais de 2027, tanto no ámbito organizativo como na definición das súas propostas para a cidade.

Suso Basterrechea celebra a unidade dentro da organización, sendo mostra diso a presentación dunha candidatura única, e «agarda que esa unidade sexa trasladada ao conxunto das forzas da esquerda local, co fin de conformar unha candidatura única que dea resposta á demanda social de políticas centradas nas persoas, na vivenda, no emprego, nos coidados e, como non, na cultura no seu máis amplo sentido, recuperando, actualizando e mellorando as propostas programáticas de 2015, co obxectivo inmediato de conectar coa cidadanía, nun proceso de escoita activa, que antepoña as súas necesidades cotiás ao ladrillazo que impulsa o partido popular».

Así mesmo «comprométese a loitar pare frear o avance da ultradereita en Ferrol, que pretende a liquidación dos servizos públicos e o sinalamento e lapidación dos colectivos máis vulnerables, como persoas e outra raza ou condición, colectivo LGTBIQ+, avogando pola tolerancia, o respecto, a liberdade e a fraternidade».

Lea también

El Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas acoge el ballet El Lago de los Cisnes

Las entradas están ya a la venta en la taquilla del teatro Jofre y en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *