Caranza avanza na súa transformación: adxudicadas por 1.1M€ as obras de Abrir Ferrol ao Mar

A previsión é que os primeiros traballos poidan comenzar antes de finalizar o ano. A actuación permitirá recuperar e humanizar o bordo litoral, crear 74 novas prazas de aparcamento e transformar o espazo entre o Camiño Inglés e a avenida do Mar nun gran ámbito de lecer e convivencia.

O Goberno local segue avanzando no proxecto de Abrir Ferrol ao Mar. A Xunta de Goberno aprobou hoxe adxudicar as obras contempladas na fase 3A de Caranza á empresa Prace, Servicios y Obras SA por un importe total de 1.112.768,93 euros. O prazo de execución é de 13 meses.

Ademais, tamén se aprobou adxudicar o Servizo de coordinación integral e dirección de obra á empresa Proyfe SL por 32.428 euros e o Servizo de coordinación de seguridade e saúde á empresa Ingeniería y Prevención de Riesgos SL por 6.776 euros.

A previsión municipal é que os primeiros traballos poidan comezar antes de finalizar o ano, dando inicio a unha actuación estratéxica coa que o Concello de Ferrol pretende transformar o bordo litoral de Caranza, recuperar espazo público para a cidadanía e mellorar a conexión entre o barrio, a cidade e o mar.

O alcalde, José Manuel Rey Varela, destacou que “hoxe damos un novo paso para facer realidade unha das grandes transformacións urbanas que Ferrol necesita e merece: Abrir a cidade ao Mar”. O rexedor insistiu en que a través deste proxecto, tal e como sinalou noutras ocasións, “devolvémoslle o protagonismo á cidadanía, gañamos novos espazos públicos de calidade e faremos que o mar estea cada vez máis integrado na vida da cidade”.

Esta actuación cambiará a relación do barrio co seu litoral, mellorando a mobilidade e dotándoo de novos espazos para a convivencia.

Fuente Concello de Ferrol/ creacción ilustración

MÁIS ESPAZO PÚBLICO

O proxecto contempla unha reorganización integral do ámbito, mellorando a mobilidade peonil e ciclista, reforzando os accesos desde o tecido urbano e potenciando os espazos de estancia, lecer e convivencia. Así, reordénanse os percorridos existentes no bordo costeiro e acondiciónanse os accesos transversais cara a Caranza e os equipamentos próximos, facilitando desprazamentos seguros, cómodos e accesibles.

Fuente Concello de Ferrol/ creacción ilustración

Neste tramo discorre o Camiño Inglés, que será rehabilitado para mellorar a súa accesibilidade e a súa integración paisaxística. Entre o tramo do Camiño Inglés e a Avenida do Mar configurarase un gran espazo multifuncional destinado ao uso cidadán. Este ámbito contará con zonas de xogos infantís con pavimento continuo de caucho reciclado, áreas recreativas e deportivas, espazos de descanso, unha zona multiusos con función de miradoiro e auditorio ao aire libre, así como novos accesos lonxitudinais e transversais.

Fuente Concello de Ferrol/ creacción ilustración

Un dos obxectivos da intervención é tamén mellorar as condicións de mobilidade e estacionamento no barrio. Para iso, crearanse 74 novas prazas de aparcamento: 24 na rúa Fonte da Greza e 50 na contorna da rúa Telleiras coa rúa 5, das cales tres estarán reservadas para persoas con mobilidade reducida.

Fuente Concello de Ferrol/ creacción ilustración

Ademais, renovarase o aparcamento situado na parte traseira do auditorio Álvaro Lamas, que conta con 52 prazas, coa mellora do pavimento, a sinalización e a ordenación do espazo.

As obras enmárcanse no convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia, denominado Segunda fase das actuacións de fomento da mobilidade sostible na fachada marítima e portuaria da cidade de Ferrol. As actuacións están cofinanciadas nun 50 % pola Axencia Galega de Infraestruturas, reforzando así o compromiso conxunto de ambas administracións coa modernización e mellora do litoral urbano.

Lea también

Valentín González Formoso recibe a Cruz de Prata da Garda Civil nos actos do Día do Pilar

O presidente da Deputación agradeceu a distinción e destacou o servizo que presta a Garda …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *