O PSdeG reclama á Xunta a construción dun novo comedor no CEIP Maciñeira de Neda

Aitor Bouza pide que se adapte para tal fin a antiga casa do conserxe no almacén anexo ao centro.

O Grupo Parlamentario Socialista reclama á Xunta que constrúa un novo comedor para o CEIP Maciñeira de Neda na antiga casa do conserxe, no almacén anexo ao centro.

Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinala que se trata dunha demanda que leva tempo facendo a comunidade educativa, polo que pide que se fagan os estudos técnicos precisos.

O socialista afirma que este novo comedor é reclamado ante todo polos «alumnos e alumnas, que teñen dereito a ter este servizo en igualdade de condicións ao resto».

«Queremos que se escoite á comunidade educativa, e que, en base, a isto non fagan que os nenos e nenas de Neda, do CEIP Maciñeira, sexan alumnado de segunda«, engade o deputado autonómico.

«Queremos unha educación pública de calidade, así o reclamaremos e defenderemos non só no inicio de curso, senón durante todo o curso escolar, e, neste caso en particular, neste centro educativo», conclúe.

Lea también

La Tv digital en Galicia lleva a cabo actuaciones en centros emisores de Valdoviño, en Donelle e Lavacerido

Con estas intervenciones se busca mejorar la señal en 26 lugares de las parroquias de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *