Ferrol en Común acusa ao goberno local de falta de previsión ante o inicio do curso escolar no CEIP de Ponzos

FeC a través dun comunicado expresa o seguinte: «a figura do conserxe é fundamental para o bo funcionamento dos centros escolares. Este persoal está adscrito á relación de postos de traballo do concello de Ferrol, polo tanto o seu nomeamento, a cobertura de vacantes, baixas ou substitucións é totalmente dependente do goberno».

«A conserxe do CEIP de Ponzos logo dun largo período de servizo público, vén de xubilarse, e xa nos últimos meses do curso pasado foi substituída para poder garantir a prestación do servizo, polo tanto o goberno era plenamente consciente de que era necesario, a inicio do curso 26/27, o nomeamento dunha persoa que ocupase esa responsabilidade».

«Á consabida incompetencia da Xunta de Galicia, recortando profesorado de apoio en pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, xa denunciado o curso anterior, agora súmase a este despropósito a inacción do Concello, que escudado tras escusas de índole burocrática e administrativa, ten ao centro, a menos dun día do inicio do curso, sen conserxe municipal. Esta vacante supón unha falta de control nos accesos e saídas, dos que a comunidade educativa ten que pagar as posibles consecuencias e da que o único responsable é o goberno local».

Dende Ferrol en Común «esiximos a cobertura inmediata da praza de conserxe municipal, así como a convocatoria do Consello Escolar Municipal, co fin de poñer en común coa comunidade educativa as posibles problemáticas de inicio de curso, e así poder anticiparse ofrecendo solucións, función que debera ser a primordial dun goberno da cidade».

Lea también

Ferrol contará con un parque infantil junto al local de la AVV de Mandiá

La nueva dotación ampliará la oferta de ocio del centro social y complementará la futura …