A Deputación da Coruña concede 2,24M€ a 19 entes e asociacións turísticas para impulsar a calidade e competitividade do sector

“Con este investimento dotamos as mancomunidades, consorcios e asociacións dos recursos necesarios para desenvolver produtos turísticos de alto valor engadido, profesionalizar a xestión nos destinos e consolidar a provincia como un referente tanto a nivel nacional como internacional”, destaca o vicepresidente, Xosé Regueira.

Fuente Deputación de A Coruña/ Xosé Regueira, vicepresidente provincial e titular de Turismo

A Deputación da Coruña confirmou a resolución definitiva do programa de subvencións DP0030 do departamento de Turismo da Deputación da Coruña. Desa liña de axudas, dirixida a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña, beneficiaranse este ano 19 entidades, que se repartirán 2.240.758 euros.

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, valorou moi positivamente a resolución definitiva dunha convocatoria que “reforza o modelo turístico polo que aposta a Deputación: un modelo de calidade, sostible, descentralizado e respectuoso co territorio”.

Regueira salientou a gran acollida e a calidade dos proxectos presentados: “Con esta liña de axudas, dotamos as mancomunidades, consorcios e asociacións do sector dos recursos necesarios para desenvolver produtos turísticos de alto valor engadido, profesionalizar a xestión nos destinos e consolidar a provincia como un referente tanto a nivel nacional como internacional”.

Para o vicepresidente, o programa “blinda e dá continuidade a proxectos de vertebración territorial”, coma o Xeoparque do Cabo Ortegal, a Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas, os itinerarios náuticos ou o Camiño Inglés. “Garantir a suficiencia financeira destes entes é clave para que a provincia siga medrando de xeito equilibrado e xerando dinamismo económico no conxunto do territorio”.

Relación de beneficiarios e importes asignados

Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal: 120.000 € (consolidación, calidade e proxección internacional do Xeoparque).

Asociación de Concellos do Camiño Inglés: 150.000 € (actividades de mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas).

Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia: 140.000 € (Organización dunha feira B2C na Coruña).

Asociación de Concellos para a Xestión da Comarca do Eume: 64.000 € (proxecto “Eume experiencia” de turismo sostible).

Asociación de Concellos Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle: 130.000 € (mellora da calidade e actividades na Vía Verde).

Asociación de OPC de Galicia: 120 000 € (promoción da provincia como destino MICE).

Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos: 150.000 € (Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas 2026: o corazón verde da provincia da Coruña).

Asociación de Empresarios e de Promoción Turística Camariñas: 61.340 € (faro de Cabo Vilán: centro cultural, de ocio e turístico).

Asociación Galega de Actividades Náuticas: 131.560 € (creación de itinerarios culturais náuticos e terrestres nas rías da Coruña e Ferrol).

Asociación Slow Food Compostela: 112.360 € (mellora da gastronomía local e desenvolvemento de turismo gastronómico sostible na comarca de Ferrol).

Asociación Socio-Cultural Auga e Sal: 27.428 € (porto de hospitalidade na Vía Querinissima).

Consorcio de Turismo y Congresos (A Coruña): 150.000 € (mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas).

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): 130.000 € (programa de calidade e promoción de produtos turísticos da Costa da Morte).

Fundación A Coruña Convention & Visitors Bureau: 140.000 € (captación de turismo MICE e eventos na Coruña e área de influencia).

Fundación do Instituto Feiral de A Coruña (IFECO): 149.070 € (promoción e mellora de servizos para impacto económico na área de influencia).

Información e Comunicación Local, S.A. (Turismo de Santiago): 150.000 € (plan de calidade e competitividade turística de Santiago de Compostela).

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol: 145.000 € (mellora da calidade e actividades turísticas na comarca).

Mancomunidade de Municipios Comarca de Ordes: 55.000 € (mellora da calidade no destino da Comarca de Ordes)

Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte: 115.000 € (consolidación, promoción e comercialización do destino Barbanza Arousa).

Lea también

Mondoñedo acoge la jornada central de las XIX Xornadas do Peregrino «Abrindo Camiño»

Los días 5 y 6 de septiembre tendrá lugar la celebración de las XIX Jornadas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *