Apertura do prazo de inscrición na ludoteca municipal de Narón

O servizo oferta 95 prazas repartidas en tres quendas horarias para nenos de 2 a 12 anos.

Fuente Concello de Narón

 

A ludoteca municipal de Narón abre este luns 7 de setembro, o prazo de matrícula para o curso 2026-2027, dirixido a nenos de 2 a 12 anos. As inscricións permanecerán abertas ata cubrir as 95 prazas dispoñibles.

A solicitude deberá tramitarse presencialmente na propia ludoteca, de luns a venres. Ata o 8 de setembro, o horario de atención será de 13:00 a 14:00 horas; a partir do día 9, pasará a ser de 19:00 a 20:00 horas.

Do total de prazas ofertadas, 40 están reservadas para nenos de 3 a 6 anos, outras 40 para os de 7 a 12 anos e 15 para os de 2 anos.

A ludoteca funciona como un recurso de conciliación familiar e como espazo socioeducativo, no que o xogo, os xoguetes e os libros son a ferramenta principal para a socialización dos máis pequenos. Abre todos os meses do ano agás en agosto, no barrio da Solaina, na rúa Cardenal Cisneros nº 2.

As familias poden escoller entre tres quendas: luns, mércores e venres de 16:00 a 19:00 horas; martes e xoves de 16:00 a 19:00 horas; ou, para os nenos de 2 anos, luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas. Terá prioridade quen se inscriba a tempo completo na opción elixida, e os horarios poderán axustarse na medida do posible ás necesidades das familias.

Para máis información, pódese contactar a través do correo ludoteca@naron.gal, do teléfono 981 38 92 84 ou do perfil de Facebook Ludoteca Municipal de Narón.

Lea también

El BNG exige al Gobierno parar el desahucio de una familia en un edificio de la Sareb en Narón

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha pedido este sábado al Gobierno …