O Goberno galego apoia as accións formativas do centro Impulsa Formación y Empleo de Narón con máis de 124.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Ferrol visitou no centro de formación Impulsa Formación y Empleo ao alumnado dunha das Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD) que o centro imparte cunha achega de máis de 124.000 euros do Goberno galego.

Visita de M. Aneiros al centro Impulsa Formación y Empleo | Fot. Xunta Ferrol

Durante a visita Aneiros puido charlar cos participantes do curso de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible. Alí, interesouse polo seu grao de satisfacción con esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración enfocada á adquisición e mellora de competencias profesionais.

A representante autonómica recordou que a convocatoria 2026-2027 deste programa está dotada con 60 M€, cos que o Goberno galego pretende reforzar a cualificación profesional e facilitar a inserción laboral da cidadanía.

Visita de M. Aneiros al centro Impulsa Formación y Empleo | Fot. Xunta Ferrol

A delegada da Xunta sinalou tamén que esta iniciativa está integrada no novo modelo de formación para o emprego impulsado pola Administración autonómica, “que conta cunha maior flexibilidade, simplificación administrativa e adaptación ás necesidades reais do tecido empresarial galego, dando resposta así ás vacantes que existen no mercado laboral”.

Visita de M. Aneiros al centro Impulsa Formación y Empleo | Fot. Xunta Ferrol

A Xunta financiou nesta convocatoria na comarca de Ferrolterra, ata agosto, un total de 41 accións formativas para desempregados en 13 entidades no ámbito da Delegación territorial por valor de máis de 2 M€.

Lea también

Aberto en Narón o prazo de inscrición en dous cursos da Aula Cemit de Xuvia

A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos, un preparatorio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *