Aberto en Narón o prazo de inscrición en dous cursos da Aula Cemit de Xuvia

A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos, un preparatorio “ComDix iniciaciónl” de 156 horas e outro de “LibreOffice iniciación”, de 120 horas.

Así o indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, que explicou que estas dúas accións formativas comezarán o vindeiro 8 de setembro na Aula Cemit de Xuvia e rematarán o 3 de novembro.

A acción formativa “Preparatoria ComDix iniciación” impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas e abordaranse contidos como: coñece a contorna dixital; ten a información dixital sempre a man: buscar, seleccionar e gardar; tecnoloxías dixitais; participa na sociedade dixital; crea contidos dixitais e atopa o benestar dixital.

As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/55963 . No caso do curso sobre “LibreOffice iniciación”, impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 19:00 horas, cos seguintes módulos: introdución ao entorno de traballo, uso do teclado e xestión de arquivos; LibreOffice Writer (procesador de textos); LibreOffice Calc (follas de cálculo) e LibreOffice Impress (presentacións).

Neste caso, as inscricións poden realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/55958 .En ambos casos as persoas interesadas poderán anotarse de balde, estando limitada a asistencia a cada curso a un máximo de 12 persoas.

Lea también

A alcaldesa de Narón destaca o traballo en rede de Aspaneps no seu 45+1 aniversario

Marián Ferreiro participou en Ferrol na xornada “Pasado – Presente – Futuro”, onde puxo en …