Ferrol adxudica os plans de seguridade para a mellora do tramo da avda da Residencia e rúa Pérez Parallé

Ambas actuacións suman un investimento de máis de 450.000 euros. O Goberno local continúa avanzando con Plan de aglomerados.

O Goberno local de Ferrol aprobou os plans de seguridade e saúde das obras de aglomerado de tramo da avenida de Residencia, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. POS+ADICIONAL 2/2025 (2ª Fase), e tamén das obras de mellora da accesibilidade dun tramo da rúa Poeta Pérez Parallé.

AVENIDA DA RESIDENCIA

As obras de aglomerado da avenida de Residencia levaranse a cabo nun tramo de 738 metros, que comeza na rotonda que fai intersección coa estrada FE-13. O vial presenta danos ocasionados, principalmente, polo tráfico, as condicións meteorolóxicas e a falta de mantemento. Así, carece dun firme con regularidade superficial e presenta perdas de material nalgúns puntos

A empresa Canarga SL é a adxudicataria desta actuación por un importe total de 182.690 euros e un prazo de execución de catro meses. “É unha vía que rexistra diariamente moito tránsito dado que dá servizo ao Hospital Arquitecto Marcide, ao Hospital Naval, ao CAMF, o CIFP Leixa e ao Centro de Educación Especial Terra de Ferrol”, sinalou o alcalde, José Manuel Rey Varela.

“Con esta intervención complementamos o aglomerado de tres quilómetros na estrada de Catabois, que fixemos hai un ano, e na que investimos máis de 354.000 euros”, recordou, unha estrada moi transitada diariamente e na que non se actuaba dende a súa renovación en 2012. Así mesmo, rematarase o aglomerado de todo o entorno co tramo desde a rotonda da Residencia á rotonda da autovía As Pontes, cun proxecto en redacción incluído no Plan de aglomerados.

RÚA POETA PÉREZ PARALLÉ

En canto á actuación prevista na rúa Pérez Parallé, en Canido, o proxecto inclúe unha reorganización do espazo público para adaptalo ás esixencias actuais de mobilidade.

Neste sentido, ampliaranse as beirarrúas ata alcanzar os 960 metros cadrados, gañando superficie ao espazo destinado actualmente a aparcamento. Estas zonas serán repavimentadas e incorporarán pavimento podotáctil, favorecendomunha accesibilidade máis segura e inclusiva.

Ademais, crearanse novas zonas verdes cunha superficie total de 434 metrosmcadrados, que substituirán os actuais alcorques. Estes espazos contarán cun sistema de rego axeitado e estarán deseñados para evitar problemas futuros derivados do crecemento das raíces das árbores.

No ámbito da iluminación, renovarase o sistema actual con luminarias máis meficientes enerxeticamente, mellorando tanto a visibilidade como o uso dosmespazos públicos, en resposta tamén ás peticións da veciñanza. Así,minstalaranse 13 luminarias no vial e nove para iluminación nas zonas peonís. Ommobiliario urbano completarase coa instalación de catrombancos de madeira em catro papeleiras máis.

Por outra banda, actuarase sobre máis de 2.174 metros cadrados de superficiemviaria, coa súa repavimentación emsinalización posterior, co obxectivo deincrementar a seguridade tanto para peóns como para condutores.

Esta intervención foi adxudicada á empresa Canarga SL por un importe de 267.784 euros.

Lea también

Avanzan en Ferrol los trámites para la construcción de un centro de salud en San Juan

El Gobierno local de Ferrol aprueba el convenio de colaboración con el Sergas para la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *